Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de xuño de 2015 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador coa clave 12-19-15-49.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-15-49

0849-BWL

Axentes da Garda Civil

María del Carmen Casal Chouciño

Trvsa. Camiño do Río, núm./Km 39, piso 4

15113 Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Estacionamento prohibido

7.3.2015

18.35 horas

Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM.

Artigos 17 e 64 da Orde ministerial 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €