Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/109-1).

Número expediente: IN407A 2015/109-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: LMTS, CT, RBT Fontenla-Santa Comba.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

Instalación e montaxe do centro de transformación en caseta prefabricada Fontenla, incluíndo 2 celas de media tensión: unha cela de entrada de liña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles para un transformador de 400 kVA, cuxo fin será a subministración á conexión á rede de baixa tensión de distribución, todas elas con illamento e corte en SF6.

Instalación e montaxe dunha cela de liña motorizada, orixe na liña no CT Moreira.

Tramo de liña soterrada de alta tensión de interconexión entre o CT Moreira (expte.: IN407A 2010/127) e o centro de transformación Fontenla proxectado, en simple circuíto con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 3(1×240 Al), de 205 metros de lonxitude.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña