Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación do acordo modificado de concentración parcelaria da zona de Santiago de Verea (Verea).

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou o día 9 de outubro de 2014 a aprobación do acordo modificado da zona de concentración parcelaria de Santiago de Verea (Verea-Ourense), que está exposto ao público no concello de Verea e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

Contra o devandito acordo modificado, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 8 de xuño de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de propietario

Nome

177

Dignora Fernández Feijóo

426

José Manuel Rodríguez Penedo

426

Mª del Carmen Rodríguez Penedo

433

Delmiro Pérez González

606

Dora Álvarez Fernández

631

Enrique Valado Gil