Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación dun contrato de servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico en varios centros de ensino.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca concurso para a licitación dun contrato de prestación dos servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico dos colexios de Monseivane en Moreda-Lanzós; Castelao en Belesar; Terra Chá, en Román; Ínsua Bermúdez, Mato Vizoso e Escola de Educación Infantil en Vilalba, por procedemento aberto e trámite ordinario.

Valor estimado do contrato: 119.834,71 € (IVE excluído). Orzamento base de licitación anual (11 meses): importe neto: 119.834,71 €; IVE: 25.165,29 €; total: 145.000,00 €. Prazo: un (1) ano, sen posibilidade de prórroga. Os interesados poden acceder á información complementaria a través da plataforma de contratación pública de Galicia, perfil do contratante.

Vilalba, 17 de xuño de 2015

Gerardo Criado Guizán
Alcalde