Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de ampliación de tráficos do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-7064; XG-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, de Auto Industrial, S.A.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de ampliación de tráficos entre Puxeiros e o novo Hospital de Vigo, do contrato de xestión V-7064; XG-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, de Auto Industrial, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, despois do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (r/ José Ángel Valente, 2, baixo), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de sete días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.ourense@xunta.es .

Ourense, 12 de xuño de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense