Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2010/204-1).

Expediente: IN407A 2010/204-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LAT 66 kV LAT Carballo-A Laracha-subestación Bértoa.

Concello: Carballo.

Feitos.

1. O 12 de agosto de 2010 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 94, do 18 de maio de 2012 e no BOP núm. 84, do 4 de maio.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación a este expediente, en virtude da disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria primeira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Modificación da LAT 66 kV Carballo-Laracha (antiga LAT 66 kV Tambre-A Coruña/expediente 10167) en condutor tipo LA-180 e cable de terra Ac-50, consistente en:

– Instalación baixo a traza da LAT existente do novo apoio nº 128-PAS metálico tipo ARCE 1400/16,2 (fin de liña).

– Retensado do condutor LA-180 existente entre os apoios nº 128 e nº 128-PAS (42 metros) e entre os apoios nº 128-PAS e nº 133 (812 metros).

– Instalación de LAT 66 kV DC soterrada, baixo tubo Ø200 mm na mesma gabia, agás o cruzamento do río Anllóns, de 2×2.057 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 3(1×630 mm2 Al + H165) en configuración en triángulo e cable de comunicacións baixo tubo Ø125 mm, coa orixe e remate nos pasos aéreo-subterraneo instalados no apoio 128-PAS proxectado, logo de entrar e saír en celas de liña da subestación Bértoa existente (IN407A 2011/29-1).

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 2.166.024, 70 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación eléctrica denominada LAT 66 kV LAT Carballo-A Laracha-subestación Bértoa.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña