Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento e recolocación do equipamento microinformático (expediente AB-SER1-15-024).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 15 de xullo de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento e recolocación do equipamento microinformático do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5, 50323000-5, 51611100-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de traballo proposto

0-40

Proposta de equipos de substitución

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Tempos de servizo ofertados

0-10

4. Valor estimado do contrato: 259.380 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 129.690 euros. Importe total: 156.924,90 euros.

6. Garantías esixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 3 ou 5 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse as cláusulas 5.3.1. f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 15 de xullo de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 9 de xuño de 2015.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos