Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador SAN-LU-0051/2015-SG.

En cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que establece a publicación no Boletín Oficial del Estado como requisito para a eficacia da notificación, despois de intentada e non realizada a dita notificación persoalmente en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia tal e como dispón o artigo 61 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 8 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0051/2015-SG.

Interesado: Manuel Delfín Porto Rodríguez.

Acto notificado: acordo de incoación.