Conforme o establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), o 9 de xuño de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a relación de convenios de colaboración asinados por Augas de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2015.
Logo de revisar a relación de convenios publicada, compróbase que se omitiu na listaxe o seguinte convenio:
Convenio |
Importe total |
Data |
Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Boiro en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento da obra «Mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e telexestión. Concello de Boiro (A Coruña)» |
Sen custo económico |
24.4.2015 |