Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2015 pola que se notifica o Acordo do 12 de marzo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1325, sito en Sada, relativo ao proxecto 00916 (expediente 2014/001192).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlle mediante a presente cédula a Almudena Fernández Carballal o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de marzo de 2015, que fixa o prezo xusto do predio número 1325, sito en Sada, relativo ao proxecto 00916, expediente 2014/001192, cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.

Terceiro. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00916 treito 3 da Vía Ártabra (AC-526). Veigue (VG-1.3)-porto de Lorbé. Clave: AC/04/156.01.3.

Nº de expediente: 2014/001192.

Persoa que se notifica: Almudena Fernández Carballal.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Elvecia López Castiñeiras.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 1325.

Concello: Sada.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 80.868,88 €.