Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27267

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de xuño de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na orde arriba indicada, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 112, do 16 de xuño de 2015, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 23900, no artigo 9.10, in fine, onde di:

«A valoración do custo medio farase do seguinte xeito:

a) Clase 1: ≤120,00 €: 3 puntos.

b) Clase 2: ≤166,00 €: 3 puntos. >166,00 € e ≤250,00 €: 1,5 puntos».

Debe dicir:

«A valoración do custo medio farase do seguinte xeito:

a) Clase 1: ≤240,00 €: 3 puntos.

b) Clase 2: ≤332,00 €: 3 puntos. >332,00 € e ≤500,00 €: 1,5 puntos».