De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación de ceba de polos sito no lugar da Bemposta-Vilardevós (Ourense), promovida por Tomás Afonso Castaño, nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Este informe tamén se poderá consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&sub=Procedemento_AIA/.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental