Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Sofiespa, S.L.
Domicilio social: avenida San Pablo, 26, 3ª planta, 28820 Coslada, Madrid.
Denominación: novo centro de transformación e liña de media tensión abonado E. Leclerc Lugo. (C.C. Abella).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión en bandexa metálica con orixe no centro de transformación e seccionamento nº 1 propiedade de Begasa e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 34,4 metros en condutor tipo HEPRZ1 3×150+H16.
2. Centro de transformación en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia instalada de 800 kVA.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 19 de xuño de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo