Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 30 de agosto de 2011.
Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, para que alegue ou presente os documentos que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Asociación de Excavadores de Galicia (Aexga).
Enderezo: Ciudad del Transporte, bloque 1, Polígono Industrial do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).
Nº de expediente: TR352A 2011/235-0.
Data da resolución do expediente de reintegro: 19 de febreiro de 2015.
Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que se vai reintegrar: 359,23 euros.