Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/23-2, 8217 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.

Domicilio social: polígono Empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.

Denominación: LMTS Telefónica, tramo: praza Liberdade (3816)-G.E. Fingoi (380).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada en canalización existente (125 metros) e proxectada (146 metros) con orixe no CT praza Liberdade (3816) e final nunha cela do CT G.E. Fingoi (380), cunha lonxitude de 271 metros en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo