Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución que declara a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida á Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia (AEDA), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á entidade Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia (AEDA) a resolución da directora xeral de Emprego e Formación que declara a perda do dereito de cobramento da subvención concedida ao abeiro da Orde do 1 de outubro de 2013 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamiento dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Os prazos para interponer os recursos a que fai mención a citada resolución computaranse a partir do día seguinte ao da publicación neste boletín oficial.

«Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia.

r/ Gambrinus, 101.

Polígono industrial A Grela.

15008 A Coruña.

Nº de expediente: PF 2013/000094.

Asunto: resolución da perda do dereito ao cobramento da subvención.

Primeiro. Ao abeiro da Orde do 1 de outubro de 2013 pola que aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, o día 23 de decembro de 2013 a directora xeral de Emprego e Formación, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, resolveu conceder á Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AEDA) o plan de formación número PF-2013/000094, consistente na impartición da acción formativa Facebook na empresa, na modalidade de teleformación, de 64 horas, para 11 participantes por un importe máximo de 3.520,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.323b.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2013 e 2014, sendo a desagregación de 2056,00 € para o exercicio orzamentario do ano 2013 e 1.464,00 € para 2014.

Segundo. No artigo 3 da devandita orde establécese que os plans de formación se poderán executar desde o día 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014 e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

Terceiro. A citada asociación non comunicou ningún dato de xestión da acción formativa nin xustificou ningún gasto relacionado coa súa execución dentro dos prazos establecidos.

Cuarto. O día 21 de outubro de 2014, a directora xeral de Emprego e Formación acordou iniciar o procedemento para declarar a perda total do dereito de cobramento da subvención concedida a AEDA, por concorrer o suposto de falta de xustificación establecido no artigo 31.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 61.2 do Decreto 11/2009 polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a lei.

Quinto. Ante a imposibilidade de notificar o citado acordo nos enderezos facilitados por AEDA, practicouse a notificación por medio de un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello da Coruña, seguindo o trámite establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexto. A citada asociación non formula alegacións nin achega ningún documento que se opoña ao acordo ditado pola directora xeral, polo que o dito acordo ten a consideración de proposta de resolución, tal como se advertía de forma expresa nel.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que se producirá a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación.

Segundo. O artigo 61.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, sinala que o procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención será o mesmo que o establecido no artigo 38 de Lei de subvencións de Galicia para o reintegro da subvención. O artigo 37 da mesma lei establece que a competencia para a resolución do procedemento de reintegro lle corresponde ao órgano concedente da subvención, que é, por tanto, tamén o competente resolver o procedemento para declarar perda do dereito ao cobramento da subvención.

Vistos os preceptos legais citados e tendo en conta as facultades previstas na disposición adicional cuarta da Orde do 1 de outubro de 2013, e no artigo 17 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar,

RESOLVO:

Declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida á Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AEDA) por un importe de 3.520,00 €, que tiña por finalidade a execución do plan de formación número: PF-2013/000094, consistente na impartición da acción formativa Facebook na empresa, na modalidade de teleformación, de 64 horas e para 11 participantes, concedido ao abeiro Orde do 1 de outubro de 2013.

Notificar esta resolución á entidade beneficiaria, facéndolle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante esta Dirección Xeral de Emprego e Formación, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación