Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo para redeseñar o Servizo de Urxencias do Hospital de Montecelo en Pontevedra, desde a perspectiva da innovación social, dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-036).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-15-036.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para redeseñar o Servizo de Urxencias do Hospital de Montecelo en Pontevedra, desde a perspectiva da innovación social, dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo contratista e non poderá superar as 12 semanas desde a súa formalización e en todo caso antes do día 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71241000-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Proxecto de intervención e transformación de espazos

0-40

Plan de execución

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Prezo

0-50

4. Valor estimado do contrato: 205.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 205.000 euros. Importe total: 248.050 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos