Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27529

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3439/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3439/2013 desta sección, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, herederos empresa Luisa Iglesias González, María José Ferrer Tasende, Carlos Campo Ferrer, Raquel María Campo Ferrer, sobre accidente, se ditou, no día da data, a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Alicia Llan Lodos, na representación que ten acreditada da Mutua Galega de Accidentes de Traballo, contra a sentenza de data 19 de abril de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María José Ferrer Tasende, Carlos Campo Ferrer, Raquel Campo Ferrer e os herdeiros de Luisa Iglesias González, sobre determinación de continxencia de accidente de traballo, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada e, con estimación da demanda, debemos declarar e declaramos que o falecemento de José Carlos Campo Pérez se deriva da continxencia de enfermidade común, condenando os codemandados a estar e pasar por tal declaración coas consecuencias económicas que deriven desta.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a herdeiros empresa Luisa Iglesias González, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial