Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (945/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 945/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio José Vázquez Piñeiro contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., Gas Natural Fenosa, S.A., Fondo de Garantía Salarial Fogasa e administrador concursal de Montajes Eléctricos García Bouzas, José Antonio Vázquez Pérez, sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade, foi interposta por Emilio José Vázquez Piñeiro, contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., a súa administración concursal e Unión Fenosa Distribución, S.A., e en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., e a súa administración concursal, así como Unión Fenosa Distribución, S.A., ao aboamento a Emilio José Vázquez Piñeiro, da cantidade de 8.820,83 euros brutos, por salarios percibidos entre decembro de 2013 e maio de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial