Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2015 pola que se notifica o Acordo do 29 de xaneiro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 9 (LMT Fonsagrada Sur) sito na Fonsagrada relativo ao proxecto 01369 (expediente 2013/001279).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Carmen Vidal Fernández o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 29 de xaneiro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio nº 9 (LMT Fonsagrada Sur) sito na Fonsagrada relativo ao proxecto 01369, expediente 2013/001279, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01369-LMT enlace subestación Fonsagrada coa LMT Fonsagrada 2. Exp. 004/2012 AT. Tm A Fonsagrada.

Nº expediente: 2013/001279.

Persoa que se notifica: Carmen Vidal Fernández.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. Lugo.

Expropiado: Casimiro Díaz Arias e outros.

Beneficiaria: Begasa.

Predio nº: 9 (LMT Fonsagrada Sur).

Concello: A Fonsagrada.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do xurado: 2.802,73 €.