Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda dunha serie de lotes de bens inmobles situados nos concellos de Pontevedra, Santiso, Ponteceso, Padrón, Teo e Monforte de Lemos.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 10 de xuño de 2015 acordouse, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, deixar aberta por un prazo de tres meses a poxa pública para a venda dos seguintes lotes de bens inmobles:

• Lote 1.

Predio urbano. Piso segundo, fondo, letra B, destinado a vivenda, sito no segundo andar da casa situada na cidade de Pontevedra, na rúa Doutor Loureiro Crespo, sen número (hoxe 14). Mide 79 m2 de superficie útil, distribuída en vestíbulo, estar-comedor, tres dormitorios, cociña, baño, aseo, lavadoiro a patio de luces e balcón ao fondo. Coeficiente: en relación ao total valor do inmoble. Cota de participación: 3 %. Referencia catastral: 0076006NG3907N0007FX. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra número 1, co número 21.253, no folio 110, do libro 1.804, tomo 1.935 do arquivo.

Prezo mínimo: 37.767,40 euros.

• Lote 2.

Predio urbano. Vivenda B no segundo andar do edificio situado na avenida Xoan Carlos I, s/n, hoxe rúa Carrasqueira, número 2, de Pontevedra, con acceso polo portal 6. De 121,30 m2 de superficie construída e de 105 m2 de superficie útil. Referencia catastral: 0775601NG3907N0098LJ. Cota de participación: 0,83 %. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra número 1, co número 60.711, no folio 196, do libro 786, tomo 1.586 do arquivo. A vivenda anexa: unha praza de aparcadoiro, número 124, no soto segundo cunha superficie útil de 12,53 m2 e unha adega ou rocho, número 109, no soto 2º ou máis profundo, cunha superficie útil de 3,49 m2.

Prezo mínimo: 98.855,78 euros.

• Lote 3.

Predio nº 461-1 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Arcediago-Rairiz-Mourazos, concello de Santiso, terreo dedicado a labradío e monte no sitio do Ligón, que estrema: norte, con María Guerreiro Mouriño (452); sur, con descoñecidos (461-2) e camiño; leste, con descoñecidos (462-2); oeste, con Julio Cajide Vilariño (460). Ten unha extensión superficial de 1.291 m2. Referencia catastral 15080A505104610000YU. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio 8.017, tomo 770, libro 44 e folio 112.

Prezo mínimo: 1.420,10 euros.

• Lote 4.

Edificio de planta baixa, de 106 m2, composta de vivenda de 48 m2 e almacén de 58 m2 que ten, pola súa vez, unha planta alta de 26 m2, que fan un total de 132 m2 construídos, asentado sobre un soar dunha superficie total de 1.704 m2 según a actual medición do Catastro, no punto quilométrico 3,000 da actual estrada AC-422, antiga LC-422, de Buño a Ponteceso, hoxe lugar de Pazos de Abaixo, s/n, do concello de Ponteceso. Referencia catastral 5305805NH1950N0001YM. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo como predio nº 15.176, tomo 1.314, libro 158, folio 97.

Prezo mínimo: 36.888,59 euros.

• Lote 5.

Parcela nº 929, Coquiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo á Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N0001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116.

Prezo mínimo: 1.546,60 euros.

• Lote 6.

Parcela nº 568, Devesiña, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648 tomo 487, libro 110 e folio 92.

Prezo mínimo: 5.457,90 euros.

• Lote 7.

Rústica. Soar chamado Gandarón situado no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, concello de Teo, de 690 m2, que linda: norte, Manuela Cajaraville; sur, herdeiros de Juan Cao Cerdeira; leste, estrada; e oeste, Antonio Martínez Montes e Josefa Cao Cerdeira. Sobre este predio hai dous locais: un de 140 m2 de superficie, que linda polo leste coa estrada e outro local de 30 m2 de superficie. Referencia catastral: 7084105NH3378S0001RI. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 315, libro 76, folio 22, predio nº 6.171.

Prezo mínimo: 47.589,29 euros.

• Lote 8.

Parcela situada no concello de Monforte de Lemos, na rúa Valle Inclán 157, dunha superficie de 103,80 m2, sobrante da estrada LU-933, que linda: dereita, José Iglesias López; esquerda, Salvador Garrido Castro; e fronte, rúa Valle Inclán. Referencia castastral 3594022PH2039S0001LZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 792, libro 339, folio 117, predio 34.425 euros.

Prezo mínimo: 821,06 euros.

Durante o prazo de tres meses contados a partir deste anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito, sobre calquera dos lotes relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado. A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido. De estar interesados en varios lotes será preciso a presentación dun xustificante individualizado por cada un dos lotes ofertados.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá achegar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no Rexistro Mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, con indicación no seu exterior, no anverso, «Venda inmobles varios concellos VND/2014/0038», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 de Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores á que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude previa, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás tres poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa A Pastoriza, 8, 2º andar, Santiago de Compostela. Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, que non superarán os mil euros por lote.

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de non efectuar o pagamento do prezo total dentro do prazo de 15 días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentase a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos lotes, desistirase definitivamente deste procedemento de venda.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio. Teléfono: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda