Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTA, reforzo SIG-804 Breixo-Carabeles, Trazo (expediente 158/2014).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 3,320 km, coa orixe no apoio nº 16 existente que se substituirá da LMT SIG-804, onde se realiza a derivación aos centros de transformación Carabelos (expediente 50.450) e O Outeiro (expediente 196/08) e final no apoio nº 38 existente da LMT. SIG-804, no tramo entre a derivada ao CT Nogalláns (expediente 3.512) que se vai substituír e a derivada ao CT Breixo (expediente 32.237), no termo municipal de Trazo (expediente 158/2014), por resolución desta xefatura territorial de data 16 de abril de 2015, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A.; con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 29 de xullo de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Trazo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 5.1.2015, 22.12.2014 e 19.12.2014, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña