Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 10 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o herdeiro de Dolores Gómez Calvo ao non ser posible efectuarlle a notificación.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao non ser posible practicar a notificación a través do servizo de Correos ao herdeiro de Dolores Gómez Calvo, requírese a persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representado no Servizo de Coordinación de Centros da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do seu expediente.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome: Gómez Calvo, José María

Último enderezo coñecido: r/ Rodrigo A. de Santiago, nº 51, 6º E, 15010 A Coruña