Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 3/2015).

Neste xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 3/2015.

Denominación: De Vilar de Cucos (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as do lugar de Vilar de Cucos.

Parroquia: Vilasante.

Concello: Cervantes.

Superficie: 62,28 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 128, parcelas 1, 4, 5, 14 e 6.

Leste: polígono 128, parcela 7; polígono 127, parcelas 9007 (camiño), 9015 (camiño), 9009 (camiño), 175, 176, 9013, 314, 260, 259, 258, 257, 256, 255, 262, 263, 264, 265, 266, 267, 268, 269, 282 e 9016 (estrada de Teixeira).

Sur: polígono 127, parcela 261.

Oeste: polígono 128, parcelas 7 e 8.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26 de febreiro de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

En conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de comparecer e intervir no expediente iniciado e formular, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten e achegar, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, se ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 16 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo