Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0236/2015-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0236/2015-PPM e cinco máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización de sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba mediante a cal se concretan os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0236/2015-PPM.

Persoa interesada: Alberto Ceballos Horro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: San Amaro, 32-34, entreplanta, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0241/2015-PPM.

Persoa interesada: Beatriz dos Anjos dos Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, Ponte Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0290/2015-PPM.

Persoa interesada: Johan Stiven Rojas Parra.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Agra, 6, Carnoedo, Sada.

Expediente: PSC-CO-0292/2015-PPM.

Persoa interesada: Luis Miguel Cobo Peña.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Agra, 6, Carnoedo, Sada.

Expediente: PSC-CO-0297/2015-PPM.

Persoa interesada: Ángel María Ares Abelenda.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pintor Villar Chao, 8, 3º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0298/2015-PPM.

Persoa interesada: Armando Miguel Monteiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Penamoa, 28, baixo, A Coruña.