Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2015 polo que notifica a Ramón Pose e Hijos, S.L. a resolución que acorda a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños en punta Lodeiro, ría de Ortigueira, concello de Cariño, A Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral do Mar situadas no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2015

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Ramón Pose e Hijos, S.L., sito en punta Lodeiro, ría de Ortigueira, concello de Cariño, A Coruña.

Interesada: Ramón Pose e Hijos, S.L. (B15006380).

Acto notificado: Resolución do 1 de xuño de 2015, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Ramón Pose e Hijos, S.L., sito en punta Lodeiro, ría de Ortigueira, concello de Cariño, A Coruña.

Prazos para presentar recursos: contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.