Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015 pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 4134/2015, interposto por Unións Agrarias (UPA), e PO 4143/2015, interposto por Agroamb, Unión Temporal de Empresas.

O Fondo Galego de Garantía Agraria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo aos recursos contencioso-administrativos PO 4134/2015, interposto por Unións Agrarias (UPA), e PO 4143/2015, interposto por Agroamb, Unión Temporal de Empresas, contra a Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

En consecuencia, a Dirección do Fogga acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nov (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria