Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27814

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (351/2014).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 351/2014 desta sección, seguido por instancia de Marta del Moral Silva contra Fogasa, Antía Rodríguez Rodríguez, Hello Disco Lunge, S.L., Jorge Alonso Vidal, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Que, con estimación en parte do recurso que foi interposto pola empresa Moral Silva Marta, revogamos a sentenza que con data do 24.4.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número dous dos de Ferrol, desestimamos en parte a demanda presentada por Antía Rodríguez Rodríguez e condenamos a empresa recorrente, solidariamente co resto dos condenados na instancia, ao aboamento á demandante da cantidade de dous mil trescentos oitenta e nove euros e sesenta e nove céntimos (2.389,79 €), correspondentes aos salarios do período do 1.1.2012 ao 15.2.2012, co xuro por mora do dez por cento, e mantemos incólumes o resto de pronunciamentos.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Hello Disco Lunge, S.L e a Jorge Alonso Vidal, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xuño de 2015

A secretaria xudicial