Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22191

Tamén terase acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SE.031.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de apoio loxístico á intervención nas emerxencias mediante a mobilización dos medios e recursos propiedade da Axega co fin de cubrir e complementar as necesidades operativas dos servizos de intervención directa na xestión das emerxencias, durante as 24 horas do día os 365 días do ano, coordinado desde o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia e por todo o territorio da Comunidade Autónoma.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 75250000-3.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 51, do 16 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4.Orzamento base de licitación.

Importe neto: 107.438,02 euros; importe total: 130.000,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de xuño de 2015.

b) Data de formalización: 8 de xuño de 2015.

c) Adxudicataria: Consultoría Natutecnia, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 107.430,00 euros; importe total: 129.990,30 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias