Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na parcela da Casa da Botica, concello de Guitiriz (expediente 2015AAE1775; código 1701/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 5 de xuño de 2015, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na parcela da Casa da Botica, concello de Guitiriz.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental