Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 27998

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 12 de xuño de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciado pola Orde do 13 de marzo de 2015.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 13 de marzo de 2015 (DOG núm. 63, do 6 de abril), de conformidade co establecido no artigo 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de povisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo.

Segundo. O cesamento no destino actual da persoa que obtivese praza, producirase na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e do disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada.

Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa a persoa, así como daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso postestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nome e apelidos: Consuelo Fernández Sueiro.

NRP: 3492474968 A2051.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: Xefatura da Área Provincial.

Nivel: 28.

Código do posto: MA.O19.10.000.32001.001.

Complemento específico: 13.698,72.

Localidade: Ourense.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición ás administracións públicas: A12 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-RI).