Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/095-1).

Número de expediente: IN407A 2014/095-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT San Pedro de Visma e anexo I.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-707, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,046 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-707, no tramo entre a derivada ao CT particular Chatarrería Mata e o CT Fernando Macías (expediente 7474), despois de realizar entrada e saída no CS Chatarrería Mata (proxectado).

Centro de seccionamento prefabricado, compacto manobra exterior, cun conxunto de celas compactas 3L con illamento SF6.

Liña de media tensión subterránea a CT Chatarrería Mata, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, con orixe no centro de seccionamento Chatarrería Mata (proxectado), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20kV-3(1×240) Al, e final en paso aéreo subterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 1 existente, situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, onde actualmente se realizan os pasos aéreo-subterráneos das catro liñas existentes para retirar.

Liña de media tensión aérea a CT Chatarrería Mata, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,227 km, con orixe no apoio nº 1, existente situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 3 existente da LMT SPV-707 onde actualmente se realiza a derivación ao CT particular Chatarrería Mata.

Liña de media tensión aérea C.C. SPV-707/SPV-709/SPV-710/SPV-711, para retirar, cunha lonxitude de 0,856 km, con orixe no apoio nº 1, existente situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, onde actualmente se realizan os pasos aéreo-subterráneos das catro liñas existentes que se van retirar, condutor LA-145, e final en apoio nº 7 de celosía metálica que se van retirar, onde actualmente se realizan os pasos de aéreo a subterráneo das catro liña que se van retirar.

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV-3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV-3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-709, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Manuel Mergía-Fte. Agra (expediente 38/99).

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-710, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV-3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV-3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-710, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CT Comandante Barga (expediente 34070).

Tramo de liña de media tensión soterrada SPV-711, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expediente28914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV-3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV-3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SPV-711, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expediente 28914) e o CS conservatorio.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña