Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de explotación da cafetaría no Centro Sociocomunitario da Milagrosa (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2) Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3) Teléfono: 982 29 41 01.

4) Fax: 982 29 49 74.

5) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es.

6) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 29/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de explotación da cafetaría no centro sociocomunitario da Milagrosa (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Centro Sociocomunitario A Milagrosa, praza da Milagrosa, 1, baixo, 27003 Lugo.

e) Prazo de execución: un (1) ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Canon de licitación: 1.000 € anuais.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 2.000 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 9 de xuño de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo