Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da praia Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da praia Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31 de setembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Canon: non poderá ser inferior a 200,00 €/mensuais.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es . Poderán obter documentos e información ata a data na que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula X dos pregos.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 8 días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula X dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, (praza Ravella, 1), o día fixado na cláusula XIII do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: non procede.

Vilagarcía de Arousa, 26 de xuño de 2015

Alberto Varela Paz
Alcalde