Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Terrritorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador LU-32/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 20 de maio de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Terrritorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: E.S.LU-32/2014.

Interesada: Belén Gato Gómez.

Último enderezo coñecido: Estrada da Granxa,122, baixo C, Lugo.

Acto de notificación: proposta do procedemento sancionador.