Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0036 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de xuño de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0036.

Interesada: Camilo Carballal, S.L.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0090.

Interesado: Alejandro Dopico Veiga.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0091.

Interesado: Eladio Barrul Gabarri.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0123.

Interesado: Eladio Ramírez Barrul.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0125.

Interesado: Dorinel Marin.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0126.

Interesado: Marcelo Ramírez Barrul.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.