Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28341

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución CM-02/2015, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de concurso de méritos, a provisión dun posto de xefe de grupo-área administrativa (SAP de Narón).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo-área administrativa (SAP de Narón) da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán presentarse no rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 15 de xuño de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe de grupo-área administrativa SAP Narón.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar administrativo da función administrativa ou persoal de servizos xerais.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.