Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (88/2015).

Execución de títulos xudiciais 88/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 733/2013

Sobre ordinario

Demandante: Laura Liliana Bogado Silva

Avogado: José María Penabad Otero

Demandada: Araceli Iglesias Nalgo

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 88/2015, por instancia de Laura Liliana Bogado Silva, contra a executada Araceli Iglesias Nalgo, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 16 de xuño de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 2.177,56 euros de principal, máis 305,08 euros en concepto de xuros de demora, máis 248,26 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial