Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0042/2014-ORS.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-LU-0042/2014-ORS.

É tamén de aplicación o artigo 59.5 da dita lei, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que indica que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concretan os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Lugo, 26 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0042/2014-ORS.

Persoa interesada: Raúl Lareo Gómez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa O Río, 1, 5º B, Burela.