Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/220/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 14 de abril de 2015, ditou resolución pola que se declara o arquivamento do expediente de reposición da legalidade PON/220/2014-RP1 respecto das obras de construción dunha edificación auxiliar na rúa Rías, núm. 11, do termo municipal da Guarda, por ter reposta a legalidade urbanística mediante a súa demolición, e dar traslado á persoa titular da alcaldía do Concello da Guarda do devandito expediente en relación coas obras de construción dun invernadoiro sobre soleira de formigón no mesmo lugar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Mercedes González Rodríguez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística