Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de xuño de 2015 pola que se notifica resolución de incautación e alleamento da embarcación Cristina depositada en estado de abandono no porto de Sada.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á mercantil Altaba, S.A., con último domicilio coñecido na avenida Presidente Companys, 112, de Badalona (Barcelona), resolución do presidente de Portos de Galicia, do 1 de xuño do 2015, que decreta a incautación e o alleamento da embarcación Cristina, matriculada na Capitanía Marítima de Barcelona na lista 5ª, folio 9.510, clase Q, grupo III, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese por mor do abandono e da ausencia de actividade da embarcación, con base ao establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, nun prazo máximo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia