Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28597

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de delimitación do núcleo rural de Vilariño, parroquia de Santiago de Farbán, concello de Sarria (expediente PTU-LU-13/054).

O Concello de Sarria remitiu documentación correspondente ao expediente de referencia, para os efectos da súa aprobación definitiva, ao abeiro do disposto no artigo 93.4 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación coa disposición adicional 2ª.2 da mesma lei.

Analizada a documentación achegada polo Concello de Sarria e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O Concello de Sarria dispón dunhas normas subsidiarias de planeamento municipal adaptadas á Lasga, mediante un proxecto aprobado o 30 de xullo de 1986, que clasifican o ámbito como non urbanizable.

Consta resolución desta Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 22 de maio de 2014, denegatoria da aprobación definitiva da delimitación, e indícase unha serie de deficiencias.

O concello elaborou proxecto técnico de delimitación corrixido, datado en xaneiro de 2015, redactado pola consultora OAU (Oficina de Arquitectura, Urbanismo y Planificación).

Emitiuse novo informe técnico municipal en data 27 de xaneiro de 2015, previo á aprobación inicial polo Concello Pleno do 31 de xaneiro de 2015. Someteuse a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncios nos diarios La Voz de Galicia e El Progreso, de 13 de febreiro de 2015, sen que se presentasen alegacións.

Anteriormente solicitáranse informes favorables da Deputación Provincial de Lugo (31 de xaneiro de 2014) e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (14 de febreiro de 2014) sen apreciarse cambios no proxecto que motiven unha nova solicitude de informes, segundo informe da consultora OAU de data 10 de marzo de 2015.

O Concello Pleno do 27 de marzo de 2015 acordou unha nova aprobación provisional.

II. Análise e consideracións.

a) Delimítase como núcleo rural común un asentamento duns 5.600 m2 de superficie, que alberga 3 vivendas unifamiliares e dous alpendres.

b) Aínda que o asentamento, polas súas características, podería ter encaixe nos supostos previstos na disposición transitoria décimo terceira da LOUG para asentamentos xurdidos á marxe do planeamento, atendendo á súa inserción territorial e á súa relación coa estrutura viaria tradicional, enténdese que se pode considerar como solo de núcleo rural común.

c) O proxecto recoñece as vías públicas existentes, fixa as súas aliñacións e determina os terreos edificables dentro do asentamento. Establécese unha parcela mínima de 1.000 m2 e incorpóranse as determinacións establecidas pola disposición adicional segunda da LOUG.

d) Púidose comprobar que se emendou ou xustificou o resto das deficiencias sinaladas pola anterior resolución desta SXOTU do 22 de maio de 2014.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede, resolvo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural común de Vilariño, parroquia de Santiago de Farbán, do Concello de Sarria.

2.  Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíqueselle ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file