Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: LMT, CT e RBT Boncomezo.
Situación: Coles.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kV de 66 m e condutor LA-56 mm2 AL e con orixe no apoio existente achegado á N-525 e remate no apoio con PAS anexo ao CT 32CAB2, en Gustei.
LMT subterránea a 20 kV de 960 m con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 AL e remate no CT proxectado rural Boncomezo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
RBT aerosubterránea de 98 m en aéreo con condutor RZ e 30 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.
Orzamento: 142.855,02 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 12 de xuño de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense