Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 10 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fonte do Camiño, a favor dos veciños de Barro, na parroquia de Madarnás (San Tomé), concello do Carballiño (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 3 de xuño de 2015, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fonte do Camiño, a favor dos veciños de Barro, na parroquia de Madarnás (San Tomé), concello do Carballiño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. No 29 de novembro de 2011 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Emilio González Rodríguez, en representación dos vecinos de Barro, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fonte do Camiño.

Segundo. No 19 de febreiro de 2015, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Fonte do Camiño.

Superficie: 48.841 m2 (4,88 ha).

Pertenza: veciños de Barro.

Parroquia: Madarnás (San Tomé).

Concello: O Carballiño.

Parcelas catastrais que constitúen o monte: o monte está parcialmente constituído pola parcela de referencia catastral 32020A031010920000 RM.

Fonte do Camiño.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral
(m2)

Superficie en clasificación
(m2)

O Carballiño

31

1092

50.810

48.841

Estremas:

Norte (propietarios enumerados de oeste a leste mediante datos catastrais):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Carballiño

31

Camiño non asfaltado

Concello do Carballiño

1315

Sara Reinoso González

1145

Sara Reinoso González

1144

Perfecto Ferreiro González

1132

Dolores Álvarez Filgueira

1133

Dosinda Fuentes López

1131

Esperanza Álvarez Filgueira

1130

Emilio González Rodríguez

1086

Manuel Pérez Pereira

Leste (propietarios enumerados de norte a sur mediante datos catastrais):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Carballiño

31

1086

Manuel Pérez Pereira

1103

Benito García Otero

1097

Josefa Sueiro Álvarez

1098

Argemira Rodríguez Domínguez

1099

Carmen Filgueira Matelo

1096

Maximino García Nóvoa

2116

Florentino Temes

1088

Manuel Álvarez Filgueira

1070

Veciñal da Costiña

Sur (propietarios enumerados de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Carballiño

31

1092

CMVMC da parroquia Ponte Veiga

Oeste (propietarios enumerados de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

O Carballiño

31

2123

Florentino Temes

1105

Valentín Conde Nogueira

1106

Manuel Otero Pérez

1107

Florindo Lois Fernández

1113

Cesáreo Miranda Lamas

1123

Cándida Novoa González

1124

Andrés García Otero

1125

Arturo Fuentes López

1126

Manuel Iglesias

1129

Felisa Novoa Portabales

1090

Manuel Álvarez Filgueira

Camiño non asfaltado

Concello do Carballiño

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte Fonte do Camiño, a favor dos veciños de Barro, na parroquia de Madarnás (San Tomé), concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 10 de xuño de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense