Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 9 de maio de 2014, ditada no expediente COR/62/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na súa repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de maio de 2015, resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/62/2013, contra a Resolución do 9 de maio de 2014, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se declaraban ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación de dúas casetas e unha soleira, no lugar da Vila, no termo municipal de Cariño, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Mª Jesús Varela Yáñez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística