Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xuño de 2015 pola que se notifica o traslado da resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/119/2013-RP1 e do apercibimento de execución forzosa, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

Mediante Resolución do 15 de abril de 2015, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística deu traslado da Resolución ditada o día 8 de maio de 2014 pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/119/2013-RP1 pola que se declara que as obras e actuacións realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica consistentes nunha construción de 40 m2 auxiliar dunha edificación residencial existente no lugar do Tuíño, Vigo, no termo municipal de Cambre, provincia da Coruña, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordénase a súa demolición.

Na Resolución do 15 de abril de 2015 tamén se lles require aos obrigados o cumprimento da orde de demolición no prazo de 3 meses contados desde a súa notificación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Irene Méndes Silva, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística