Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28865

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (980/2015).

María Isabel Freire Corzo, secretaria judicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 980/2015 desta sección, seguido por instancia de Pablo Pérez Fernández contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Fogasa, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A., Santiago Dos, S.L., Administración Concursal Santiago Dos, S.L. (José Allegue Seoane), Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

E para que lle sirva de notificación en legal forma, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

A secretaria xudicial