De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados pola instrutora da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no edificio administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 18 de xuño de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0131.
Interesado: José Antonio Campo Montero.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0177.
Interesado: Marius Dan Plesca.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0181.
Interesado: Cristian Tintar.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0217.
Interesado: Agustín Tomé Crespo.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0252.
Interesado: Manuel Sergio Ferro Barreiro.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0272.
Interesada: Parabrisas y Talleres Núñez, S.L.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
