Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día vinte e cinco de xuño de dous mil quince,
RESOLVO:
Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2015 que a continuación se transcribe:
«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica outorgada a Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L., na frecuencia 101.9 MHz, na localidade de Cariño».
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015
Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios