Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-090-2014.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 1 de xullo de 2015

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32001-090-2014.

Interesada: Vander Formación, S.L.

CIF/NIF: B93094993.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.